Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A VEIGA, 3 E 4 DE OUTUBRO

Primeiro congreso de escritores no galego de Asturias

O encontro está organizado pola Consejería de Cultura do Principado.

Redacción - 11:05 01/10/2008

O programa inclúe un recoñecemento ao escritor de Tapia Manuel García-Galano e un concerto do grupo de música tradicional Darbukka (composto por músicos da Veiga e da Pontenova). Este concerto pechará a primeira xornada do encontro, o venres 3, na que o escritor e investigador Xosé Miguel Suárez Fernández ofrecerá a conferencia inaugural: Un recorrido pola literatura en galego-asturiano: dende os empezos hasta el presente.

Na xornada do sábado haberá dúas conferencias, a cargo de Alfredo González Fernández e Aurora García Rivas, e máis dúas mesas redondas, que tratarán a relación entre música e literatura no occidente asturiano, e o futuro da literatura eonaviega (¿D'unde vimos, a únde vamos cua nosa literatura?).

O congreso pecharase coa presentación do primeiro número da revista Trabatel, Revista eonaviega de literatura.


4,36/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: