En total representaranse 130 espectáculos.
A programación está estructurada de maneira que haxa algunha función teatral case todas as semanas nos concellos que acollerán as representacións: Antas de Ulla, Arzúa, Barbadás, Brión, A Coruña, Ferrol, Lugo, Malpica de Bergantiños, Mugardos, Narón, Palas de Rei, A Pobra do Caramiñal, Rodeiro, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Taboada, Teo, Valdoviño, Vedra e Vigo.
O Ciclo de Teatro Amador é unha das liñas que impulsa a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural dentro do Plan Galego das Artes Escénicas. Con esta iniciativa revitalízase a rede de agrupacións teatrais de tipo local e afeccionado, ao tempo que se promove a súa circulación por outras vilas galegas.
Podes consultar aquí a programación completa, organizada por concellos.