Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
INFORME DO INSTITUTO NACIONAL DE TECNOLOXÍAS DA COMUNICACIÓN

Un 80% dos ordenadores domésticos están infectados por virus informáticos

O Grupo de Análise e Estudo da Seguridade da Información e da e-confianza (pertencente ao Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación) alerta do significativo aumento do "malware".

Redacción - 13:04 29/09/2008

O "malware" ou software malicioso é o introducido polos atacantes para controlar remotamente equipos informáticos con fins delictivos (os troianos) e polos que controlan a información xerada polos usuarios (contrasinais, información bancaria...).

Así, este estudo do Grupo de Análise e Estudo da Seguridade da Información e da e-confianza certifica que os niveis de seguridade en España deben incrementarse e crear unha cultura proactiva na materia para responder aos cambios na natureza das ameazas que chegan dende internet.

Esta preocupación pola seguridade debe chegar de modo máis intenso aos usuarios das pemes e os particulares, que adoitan estar tranquilos confiando nos antivirus cando o seu verdadeiro problema son os troianos, que se introducen nos sistemas para recabar datos ou controlar o ordenador.

O estudo do Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación tamén confirma que en España existe unha industria da seguridade TIC moi relevante e que dende a administración se veñen poñendo en marcha iniciativas que contribúen ao bo posicionamento internacional.

No que fai aos fogares, indícase que as ferramentas de seguridade máis utilizadas son os antivirus (nun 94% dos casos) e as devasas (75%) son as máis utilizadas.

FWWWRANDO


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: