Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
É O NÚMERO DE TERMINAIS QUE SE CALCULA HABERÁ NA TERRA A FINAIS DE ANO

Somos case 4.000 millóns (de móbiles)

Segundo as estimación da Unión Internacional de Telecomunicación (UIT), antes de finais do 2008 a penetración celular situarase no 61%, o que significa que na Terra haberá 4.000 millóns de teléfonos móbiles.

Redacción - 12:53 29/09/2008
Os usuarios da telefonía móbil continúan a aumentar

Os usuarios da telefonía móbil continúan a aumentar

A progresión anual de número de titulares dos teléfonos atópase arredor do 24% entre o 2000 e o 2008, pero esta porcentaxe deu un salto cuantitativo neste último ano, sobre todo polo desenvolvemento dos mercados emerxentes de Brasil, India, China e Rusia.

Entre estes catro países acadan máis de 1.300 millóns de teléfonos no último ano, coa importante achega da China, que soa acada os 600 millóns de móbiles, converténdose, de lonxe, no mercado de móbiles máis importante do mundo.

Un dos feitos máis importantes para este espectacular aumento do número de terminais no mundo é, segundo a UIT, a liberalización do mercado, que, ademais, abaratou o seu prezo.

FWWWRANDO


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: