Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Oriente Próximo

A explosión dun coche bomba deixa cando menos 17 mortos en Damasco

Trátase da primeira explosión en Siria dende o asasinato do comandante das milicias xiís de Hisbulá, Imad Moughniyah, en febreiro.

Redacción - 10:05 27/09/2008
A explosión tamén provocou numerosos danos materiais

A explosión tamén provocou numerosos danos materiais

Un coche bomba cuns 200 quilos de explosivos causou a morte de cando menos 17 persoas e deixou máis dunha ducia de feridos en Damasco, a capital de Siria, ao detonar a súa carga, segundo informou a televisión local e recollen as axencias internacionais.

A explosión tivo lugar perto dunhas instalacións de seguridade na estrada que leva ao aeroporto da cidade, concretamente na intersección que se desvía cara á mesquita de Sit Zeinab, moi popular entre os peregrinos xiís procedentes de Irán e do Líbano.

A deste sábado trátase da primeira explosión en Siria dende o asasinato do comandante militar das milicias xiís de Hisbulá, Imad Moughniyah, o pasado mes de febreiro.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: