Mozilla acaba de publicar a súa terceira enquisa comunitaria para coñecer o estado do seu navegador Firefox na Unión Europea.
O Firefox, a exame
Esta terceira enquisa é a que se dirixe aos usuarios españois do navegador, que deberán respostar 20 preguntas sobre Firefox.
Entre outras: se o Firefox é o navegador principal que se usa, que outros navegadores se adoita usar, cantas horas se pasa utilizando a rede...
Con todo isto, Mozilla pretende coñecer o perfil de usuario que utiliza o seu produto e ademais, coñecer as posibles propostas que estes fagan para melloralo nun futuro.
E é que no blog do proxeto pódense propoñer preguntas para futuras enquisas ou mesmo se poden expoñer cuestións máis extensas no foro de discusión xeral de Mozilla Hispano, no que traducirán estas achegas e faranllas chegar ao responsables do proxeto.
FWWWRANDO