Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTACTOS

A Xunta busca compradores para as louseiras en crise de Quiroga

Traballo e Industria recoñeceron que hai interese doutras empresas do sector en se faceren cargo de Ferlosa, Pebosa e Cupiga.

Redacción / EP - 17:40 19/09/2008

O Goberno está a manter contactos con empresas do sector para que merquen as louseiras de Quiroga que están en crise, segundo confirmaron os conselleiros de Innovación e Industria e de Traballo, Fernando Blanco e Ricardo Varela. O titular de Traballo dixo que o seu departamento está a xestionar que se fagan cargo de Ferlosa, en expediente de regulación de emprego, e Pebosa e Cupiga, en fase de liquidación xudicial.

Varela explicou que se está a negociar "con discreción para que se poidan materializar" as operacións. O conselleiro de Industria, Fernando Blanco, recoñeceu a existencia de contactos con varias empresas e que falou con persoas interesadas na compra das tres louseiras.

Blanco pediu cautela, aínda que explicou que as máis interesadas con compañías "con plans de expansión". En calquera caso, amosouse satisfeito pola axilización dos expedientes de regulación de emprego e dixo que o caso de Quiroga non "caracteriza todo o sector das louseiras".


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: