Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
ADEGA, PRESENTA ALEGACIÓNS O PLAN SECTORIAL VIGO ÍNTEGRA

Este Plan viario só pode cualificarse como altamente insustentable

Diante dun plan que, ainda non sendo, polas súas características documentais, máis que un proxecto marco de actuacións, un avance esquematico de obras, (das que hai moito que dicir encanto aos seus impactos mediombientais como respecto dos trazados de obra, proxectos constructivos, etc )...

ADEGA - 16:33 19/09/2008

... xa acada un manifesto e moi significativo rexeitamento social, síntoma do despropósito que supón reafirmarse en actuacións desproporcionadas e tamén desfasadas o non corresponderse coas demandas reais de transporte que se orientan, e cada vez máis claramente, pola potenciación dun transporte colectivo efectivo, competitivo e ecoloxico.


Dende ADEGA vimos de transmitir á Administración Autonómica o noso posicionamento diante dunhas actuacións que na sua maioría non teñen xustificación nin demanda efectiva,  que supoñen graves atentados ao medio ambiente e afeccións paisaxisticas, a maiores de ignorar o tren e o transporte marítimo como medios alternativos e mesmo ignorar tamén as directrices de U.E.   relativas a promover outros modos de transporte menos prexudiciais para a cidadanía, sustentables e respetuosos co medio ambiente.

En ADEGA cremos que, diante deste plan de infraestructuras, e vendo que con el se quere facer unha especie de declaración de intencións verbo dunha suposta equiparación do territorio co reparto de "autovías para todos" e en todos lados, e que co tempo e a evolución social e dos usos nos transportes boa parte destes proxectos serán radicalmente transformados no seu plantexamento, ou sinxelamente serán esquecidos por terse superado o actual modelo de desenvolvemento do sector e ter mudado a praxe política e economica demandantes, ate o de agora, destas mega infraestructuras de transporte por estrada, e tamén polo enormemente costoso que resulta para unha economia mudar de modelo por mor da actual crise, que cada vez máis as fai inamortizables a nivel social, encarecedoras da bolsa de impostos sociales e obsoletas en canto a modelo de  sustentabilidade medioambiental.

Con esta prespectiva  dende ADEGA recurrimos o plantexamento de modelo que subxace no conxunto do plan e tamén  por ser exemplo caracteristico dos proxectos que contempla, alegamos, concretanto impactos e afeccións, respecto do de autovia dende Vigo ao poligono industrial en construcción en Nigán pola Zona Franca " Porto do Molle", por ser exemplo meridiano de multiplicación (non gratuita, senón pola contra moi cara en todos sensos ) de infraestructuras viarias cun irreversible impacto ambiental, paisaxistico, social, arqueoloxico e cultural.

Dende ADEGA demandamos da administración de infraestructuras viarias unha revisión a fondo e un troco de modelos hacia proxectos encamiñados ao aforro enerxetico e preservación mediambiental, e paisaxistica  e tamén da habitabilidade territorial, para o que o transporte publico é o camiño lóxico, e o tren a asignatura pendente na que, inexplicablemente, non soio non se avanza, senón que se esta a perder terreo.


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: