O optimismo volve aos mercados logo de que trascendese que a administración pública estadounidense vai saír ao rescate dos bancos.
As bolsas europeas están á alza logo dunha semana negra en canto a resultados. Os mercados animáronse logo de que trascendese que o goberno de EUA e a Reserva Federal perapara medidas urxentes para poñerlle freo á crise. Xornais como The Wall Street Journal consideran que as medidas da administración Bush é a intervención gobernamental máis importante dende a gran crise de 1929.
A “medida estrela” do executivo de Bush sería a creación dunha axencia pública que se vai facer cargo das hipoteca subprime que lastran gravemente as entidades financeiras. As medidas intervencionistas do goberno estadounidense fixeron que as bolsas europeas estean a subir até cinco puntos no que vai de xornada.
Ampliar información aquí: