A combinación de datos e fotografías de diferentes telescopios espaciais permiten aos astrónomos observar e estudar con detalle a nebulosa do Anel.
Imaxe da nebulosa do Anel
Esta nebulosa, denominada cientificamente M57, atópase na constelación de Lira, a preto de 2.000 anos luz da Terra, e é unha das que mellor coñecen os astrónomos do hemisferio norte.
Nas imaxes recollidas nos últimos tempos polos diversos telescopios espaciais pódese ver perfectamente a estrutura da nebulosa, que se compón dun anel central e un filamentos en bucle de gas resplandecente que se estende máis aló da estrela central.
Segundo os científicos, o material relucente que posúe a nebulosa non procede dun planeta, en cambio, a envoltura gasosa representa as capas externas procedentes dunha estrela como o Sol agonizante.
FWWWRANDO