Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COCHE BOMBA

Un atentado na embaixada dos EUA no Iemen provoca 14 mortes

O país asiático xa sufrira en marzo un ataque semellante, que fora reivindicado daquela por Al Qaeda.

Redacción - 12:50 17/09/2008

Un atentado con coche bomba a carón da embaixada dos EUA no Iemen provocou a morte de 14 persoas, entre elas seis soldados iemenís. Segundo informaron fontes das forzas de seguridade, entre os falecidos tamén están catro dos atacant á delegación, ademais de peóns que pasaban pola zona.

Iemen está a sufrir nos últimos meses unha racha de atentados de Al Qaeda, que lles afectaron á embaixada estadounidense, á misión italiana e a turistas occidentais. O goberno do país, onde naceu Bin Laden, colabora co de Estados Unidos en labores de seguridade e intelixencia.

O anterior ataque contra a embaixada do país norteamericano producírase en marzo. Daquela, Al Qaeda reclamara a autoría, que non chegara a afectarlle ao edificio mais si provocara a morte dun policía da delegación. Os EUA decidiron en abril retirar o persoal non esencial da embaixada.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: