Bombóns alucinóxenos e piruletas de marihuana atopábanse entre a oferta do estabelecemento, rexentado por un mozo de 23 anos.
A policía de Berlín pechou unha tenda de doces que vendía, supostamente, bombóns e caramelos que tiñan como ingredientes cogomelos alucinóxenos e marihuana. A tenda estaba situada no distrito de moda de Prenzlauer Berg, ao leste de Berlín, unha zona famosa pola súa vida nocturna.
O dono do local, de 23 anos, foi detido como sospeitoso de tráfico de drogas. Segundo a policía, na tenda atopáronse 120 pezas de chocolate de cogomelo máxico e numerosas piruletas de cannabis. Ademais, confiscáronse 70 bolsas con diversa droga, uns 20 porros de marihuana, unha serie de pílulas e algúns tarros de mel con droga.