O xurado estivo formado por Xavier Senín, Manuel Figueiras e Isabel Soto.
A literatura dirixida ao público xuvenil segue dándolle alegrías e premios a Marcos Sánchez Calveiro. O canto dos peixes fíxose coa edición 2008 do premio Barco de Vapor, outorgado pola editorial SM. O pasado ano Calveiro fixérase co premio Ala Delta con O carteiro de Bagdad, converténdose no primeiro autor que se facía con este galardón cunha obra escrita orixinalmente en galego.
Nesta ocasión, o xurado do premio Barco de Vapor, formado por Xavier Senín, catedrático de Bacherelato, Manuel Figueiras, especialista en Literatura Infantil e Xuvenil, e Isabel Soto, crítica literaria e tradutora, premiou a súa novela O canto dos peixes. Na acta, o xurado destacou que o autor "a través de numerosas referencias literarias reivindica a importancia do mar para a sociedade galega que, en ocasións, lle deu as costas".
Trátase dunha novela contemporánea que relata a amizase entre un vello mariño e un neno marxinal. É unha historia con matices fantásticos e cunha trama simbólica sobre un mar que morreu. Eles tentarán descubrir o esconxuro que poida poñer fin a esta maldición.