Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Subvencións

Medio Ambiente destina 90 mil euros para formar e equipar os cazadores

Dentro do convenio asinado entre a consellaría e a Asociación de Propietarios Rurais e Produtores de Caza, que achega 17.400 euros.

Redacción - 20:05 15/09/2008

A Consellaría de Medio Ambiente e a Asociación de Propietarios Rurais e Produtores de Caza (Aproca) destinarán un total de 107.400 euros (Medio Ambiente achegará 90 mil) ao financiamento de actividades de formación entre os cazadores, melloras nos terreos cinexéticos e nas súas infraestruturas e á realización de estudos para fixar as poboacións cinexéticas.

O acordo, asinado este luns polo conselleiro Manuel Vázquez e o presidente de Aproca, Luis Nistal, pretende aproveitar a estrutura e os medios persoais e materiais cos que conta a asociación para as funcións de asesoramento técnico e xurídico aos cazadores, para a mellora dos terreos e para a elaboración dos estudos de campo.

No marco das accións de formación e divulgación, está prevista a posta en marcha dun programa sobre seguridade na caza, que incluirá a edición de material formativo, así como a adquisición de bípedes de sinalización para as cazarías e chalecos reflectores para os cazadores. Do total do orzamento.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: