Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En Vilagarcía, O Grove e Bueu

Estoupan tres artefactos en instalacións do sector mexilloeiro

Membros das asociacións afectadas polos estoupidos acusan a Pladimega de colocar os explosivos para evitar que volvan traballar a vindeira terza feira.

Redacción / EP - 19:00 13/09/2008
Mexilloeiros traballando / Flickr: jmlojo

Mexilloeiros traballando / Flickr: jmlojo

Tres artefactos explosivos estouraron esta madrugada, pasadas as 3:00 horas, nas instalacións da Asociación Virxe do Rosario en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), en predios da Federación de Arousa Norte no Grove, e en Bueu, onde ten a súa sede a empresa Socongal.

Segundo informaron a Europa Press fontes das asociacións de mexilloeiros afectadas (que representan o 20 por cento do sector), os artefactos "de pouca potencia" causaron "importantes danos" nas súas instalacións.

O sector mexilloneiro enléase nunha liorta por causa do paro
Tanto a Asociación Virxe do Rosario como a Federación Arousa Norte coincidiron en sinalar como "principal sospeitoso" da colocación dos artefactos á Plataforma de Distribución do Mexillón Galego (Pladimega), que agrupa o 80 por cento de empresas do sector de cría e distribución deste bivalvo en Galiza, e que lidera, dende hai un mes, un paro nas vendas do produto á industria transformadora para loitar contra a baixada dos prezos.

As asociacións afectadas polos explosivos anunciran que ían comezar, de novo, a súa actividade a vindeira terza feira, desvinculándose, deste xeito, do paro de Pladimega, polo que consideran os feitos acontecidos esta madrugada "unha advertencia para que non fagamos o que tiñamos pensado", segundo lle apuntou a EP o líder da Federación Arousa Norte, Juan López. Pola súa parte, un representante de Pladimega, Julián García, negou que a súa asociación teña "nada que ver cos feitos".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: