Chile anuncia ao mundo a súa vontade de protexer as baleas coa aprobación dun proxecto de lei que prohíbe a súa captura, caza e comercialización.
O Congreso chileno vén de aprobar a proxecto de lei que propuxera Michelle Bachelet en xuño de 2008. A nova lei estabelece as augas territoriais de Chile como zona libre de caza de baleas, onde a súa comercialización tamén estará prohibida.
Logo de anunciar en xuño de 2008 a iniciativa, a Cámara de Deputados e máis o Senado de Chile aprobaron por unanimidade o proxecto de de lei que declara a Chile "Zona libre de caza de cetáceos" nun fito case inédito en materia de conservación das especies e dos seus ecosistemas.
A balea, "monumento natural"
Existen no mundo dous santuarios baleeiros, o Austral en augas antárticas e máis o do Océano Índico. En xuño de 2008 a presidenta de Chile anunciara a súa intención de crear un santuario de seu, pero a lexislación local non contempla a existencia desa figura. Por isto optouse por nomear as augas xurisdicionais ceibes de caza comercial e científica, e ao cetáceo como "monumento natural", de xeito que as augas chilenas conforman un santuario virtual.
A lei vén da man dun marco xudicial que marcará as sancións penais para quen manque aos cetáceos e mesmo regulará o achegamento ás baleas, para non as amolar.
A iniciativa chilena que xa é realidade coa súa aprobación, engancha coa proposta que presentaran varios países latinoamericanos para a prohibición definitiva da caza de baleas en todo o Cono Sur de América.