O experimento que se está a desenvolver no CERN de Xenebra emprega a distribución CernVM para xestionar o enorme volume de datos que xera.
O xa famoso, e en funcionamento, Gran Colidor de Hadróns (LHC) do CERN, está a funcionar grazas a unha versión especial do sistema operativo GNU/Linux, denominada CernVM. A enorme cantidade de datos xerada polo proxecto científico está a ser xestionada polo sistema operativo libre, que ademais garante que o software non vai quedar bloqueado no momento menos indicado.
Ademais, a rede de computadores do CERN, formada tamén por PC e Mac, executa o programa dentro dunha máquina virtual. Esa rede tamén distribúe a información xerada, duns 15 petabytes de datos ao ano, a 100 mil equipos repartidos por todo o mundo. O CernVM emprega o xestor de fiestras KDE.
Nun principio chegouse a pensar en empregar o software sobre Windows Vista, pero acabouse desestimando porque diminuía o rendemento do acelerador de partículas.