Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ESTREA DE 'O ESPÍRITO DO BOSQUE'

A fraga de Cecebre volve ao cine

O filme de Dygra estará este venres en máis de 200 salas de todo o Estado.

Redacción - 11:55 12/09/2008

A fraga máxica que Wenceslao Fernández Flórez inmortalizou en 'O Bosque Animado' regresa á gran pantalla, coa estrea, este venres, da nova produción de Dygra. En 'O espírito do bosque', os personaxes que o público xa coñece (encabezados por Furi e Linda) teñen que salvar a fraga de Cecebre, ameazada pola construción dunha estrada e as ansias destrutivas da malvada señora D'Abondo.

O filme, dirixido por Juan Carlos Pena Babío e David Rubín, estrearase este venres en máis de 200 salas de todo o Estado.

'O espírito do bosque' vendeuse xa, antes da súa estrea, a máis de 30 países, que Manolo Gómez, máximo responsábel de Dygra, espera aumentar aos máis de 70 nos que se proxectaron 'A noite de San Xoán' e 'O bosque animado'. Naqueles dous filmes a asignatura pendente foi a distribución nos Estados Unidos. Para superar esa barreira, a película conseguiu entrar na sección oficial do Festival de Chicago, e produtora contratou a coñecidos actores como Anjelica Huston, Ron Perlman, Sean Astin e Giovanni Ribisi para a dobraxe da versión estadounidense.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: