Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
DAVID CAL, O QUE RECIBIU MAIOR APOIO

Cultura destinou máis de 700 mil euros ao apoio dos deportistas olímpicos

A conselleira Ánxela Bugallo explicou no Parlamento como se distribuíron as axudas nestes tres anos de goberno.

Redacción - 20:15 10/09/2008
Día da presentación de "Galiza nos Xogos Olímpicos"

Día da presentación de "Galiza nos Xogos Olímpicos"

A conselleira de Cultura e Deporte falou este mércores no Parlamento sobre a axuda ofrecida aos deportistas olímpicos e paralímpicos galegos durante os tres anos de goberno bipartito. Bugallo defendeu tres liñas fundamentais de acción como foron o financiamento económico aos deportistas, a posta en funcionamento dos programas de tecnificación e a cesión das instalacións de adestramento da Xunta.

Entre 2005 e 2008 a consellaría gastou 706.448 euros para axudar os deportistas galegos a preparar os Xogos Olímpicos e Paralímpicos. Este diñeiro dividiuse en diferentes axudas destinadas aos deportistas de elite en xeral, así como outras máis específicas para aqueles que estaban a preparar as citas de Beixín.A segunda liña de investimento foron os programas de tecnificación. Neste aspecto a Xunta subvencionou con máis de dous millóns de euros ás diferentes federacións deportivas para a elaboración dos programas cos que mellorar o nivel dos deportistas. Asemade as instalacións da Xunta estiveron á disposición deles en todo momento, e tanto o Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra como o Centro Deportivo Pontillón do Castro foron usados principalmente por padexeiros e triatletas.

David Cal, o máis beneficiado

É certo que se trata do deportista galego con máis medallas olímpicas da historia, pero as axudas que recibiu o padexeiro de Cangas estiveron acorde con este status. Cal foi o que recibiu neste período un maior apoio económico, que ascendeu a 106.640. Ademais contou cun hangar para o seu uso exclusivo no Centro Deportivo Pontillón do Castro.


2,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: