Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
VITORIA DO LOBELLE E DERROTA DO AZKAR

Xornada desigual para o fútbol sala

Os equipos galegos enfrontaron dous duros rivais na cuarta xornada da División de Honra.

Redacción - 13:43 10/09/2008
Momento no que Carlinhos acada o gol da vitoria

Momento no que Carlinhos acada o gol da vitoria

O Azkar Lugo, que até o momento contaba os seus partidos por vitorias, coñeceu a derrota na División de Honra de fútbol sala ao perder por cinco goles a un. Os de Bruno García non tiveron opcións contra o poderoso Inter Movistar, nome actual do clásico Interviú, que conta no seu plantel con xogadores como o porteiro Luis Amado, Betao, Daniel ou o incombustíbel peche 'Schumacher'. Precisamente este último marcou os dous primeiros goles cos que se abriu o que remataría por ser unha boa tunda. Os de Lugo baixan así até o sétimo lugar da clasificación, pero con só tres partidos xogados.

O Autos Lobelle impúxose ao Tien21 P. Millenium Pinto por dous goles a un, co que sobe até o terceiro lugar da clasificación. O equipo que adestra Tomás de Dios adiantouse cun gol do brasileiro Alemao, que finalmente puido recuperarse das súas molestias e disputar o encontro. Ao descanso chegouse cun empate, que desfixo Carlinhos cun potente saque de falta que non puido atallar o porteiro visitante.

A clasificación segue comandada polo El Pozo Murcia Turística, que gañou os tres partidos que disputou.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: