Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
X CAMPIONATOS ESTATAIS DE SALMÓNIDOS MOSCA

Gran papel das novas fornadas da pesca galega

David Arcay Fernández a nivel individual e a selección galega na competición por equipos proclamáronse campións estatais.

Redacción - 17:22 09/09/2008

O campionato de Seleccións Autonómicas de Pesca de Salmónidos Mosca Xuventude tivo lugar a semana pasada na localidade pirenaica de Benasque. A competición desenvolveuse no río Ésera, nun fermoso entorno onde as troitas son abundantes pero pequenas.
David Arcay consegue así o seu segundo campionato estatal júnior, ao que hai que sumar a participación en varios campionatos mundiais. Detrás de el remataron o valenciano Vicente Aranda López e o vasco Diego Mateo Suarez. En Benasque celebráronse tamén as probas de selección para o Campionato do Mundo 2009, e o coruñés volveu impoñerse con autoridade.


No que se refire ao equipo galego este estaba formado por cinco mozos, dos que se usaban as tres mellores puntuacións. Unha das utilizadas foi a de Arcay, mentras que as outras dúas foron as dos novatos Andrés Álvarez Toirán e Xulio Fernández Martín. Nesta modalidade os galegos precederon aos equipos Catalán e Vasco, que remataron segundo e terceiro respectivamente.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: