O nadador galego rematou por detrás do brasileiro Daniel Dias, que nunha carreira moi rápida mellorou os recordes olímpico e mundial.
Chano durante unha competición
Gran carreira de Chano Rodríguez, que rebaixou en case tres segundos a marca coa que acadara a medalla de ouro e a marca olímpica en Atenas hai catro anos. Aínda así non puido co brasileiro Daniel Dias, que lle arrebatou a Chano a súa segunda marca mundial, despois de facer o propio co dos 100 metros libres o pasado domingo. Dias fixo un espectacular tempo de 2:32.32 minutos, co que rebaixou en máis de nove segundos a marca que ostentaba Chano.
Chano comezou moi forte a carreira, pasando no primeiro lugar despois de 50 metros, pero non puido aguantar o ritmo do brasileiro, que fixo os catro parciais por debaixo dos 40 segundos, amosando unha espectacular regularidade. O galego terá a oportunidade de redimirse na carreira de 50 metros libres que se disputará o vindeiro domingo 15.
Gustavo Nieves estará na final dos 5.000 metros
O corredor de Vilalba acadou o pase directo á final de 5.000 metros, despois de rematar a súa serie en terceira posición cun tempo de 15:28.21 minutos. O vencedor da carreira foi o brasileiro Odair Santos.
A final disputarase o vindeiro xoves días 11 ás tres da mañá, hora galega.