Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
“UN ALUMNO, UN PORTÁTIL”

A Universidade de Sevilla entrega un portátil aos seus novos alumnos

Os alumnos que inicien este curso unha titulación de Primeiro Ciclo na Universidade sevillana recibirán un ordenador portátil ao formalizar a súa matrícula.

Redacción - 12:18 09/09/2008
Interesante iniciativa da universidade sevillana

Interesante iniciativa da universidade sevillana

O programa "Un alumno, un portátil" permitirá que cada alumno que realice a matrícula nunha titulación de Primeiro Ciclo na Universidade de Sevilla e deposite unha fianza de 100 euros (que poderá ser financiada no caso de que o estudante non poida asumir o coste) recibirá un ordenador portátil.

O equipo, cunha garantía de catro anos, entregarase no domicilio que o alumno indique e, unha vez rematado ese período de garantía, o estudante quedarase co ordenador en propiedade con coste cero.

De todos xeitos, se quixese devolver o portátil podería facelo durante o período de garantía ou no ano posterior a que esta finalice.

O ordenador que será entregado a cada alumno é un portátil de última xeración, no que se instalarán aplicacións da Universidade de Sevilla e enlaces de interese.

Ademais, facilitarase unha mochila, unha rato óptico e un DVD de recuperación para restaurar o equipo en caso de producirse un fallo no sistema.

FWWWRANDO


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: