A gabarra transportaba 350 toneladas de fuel, 260 de gasóleo e tres mil litros de combustible e obrigou a activar a alerta do plan por contaminación das augas mariñas.
Foi un barco subministrador de gasóleo para outras embarcacións, de pequenas dimensións (36 metros de eslora) que se atopaba no peirao de Tarragona. Afundiuse a primeira hora desta mañá, sobre as sete menos cuarto, e agora só queda a punta de proa sobre a superficie.
Segundo as primeiras informacións, o barco transportaba 350 toneladas deste produto, ademais de 260 toneladas de gasóleo e tres mil litros de combustible. A Generalitat vén de activar a fase de alerta do plan especial de emerxencias por contaminación accidental das augas mariñas en Cataluña (Camcat), despois de apreciar algunhas manchas de fuel sobre a auga. Ademais, a Autoridade Portuaria de Tarragona (APT) e Salvamento Marítimo procederon ao peche das barreiras de contención para evitar as fugas do combustible, ao tempo que preparan o posible reflotamento do barco no caso de que fose necesaria. Tamén se activaron barcas Pelícano de Salvamento Marítimo que traballan xa na recollida do produto.