Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
romanía irmanada con galiza

Expertos romaneses estudan o modelo galego de política ambiental

Unha comisión de especialistas pasará esta semana ollando o noso plan de tratamento de residuos para adaptalo no seu país.

Redacción - 17:56 08/09/2008

Unha delegación de expertos de Romanía vén a coñecer o modelo galego de política ambiental, especialmente no que toca ao tratamento de residuos, para mirar de adaptalo ao seu territorio.

Romanía é un país de recente adhesión á UE que ten que mirar por cumprir os estándares europeos no seu proceso de adaptación. Os proxectos de irmanamento ou Twinning foron deseñados para axudar aos novos estados membros da Unión e asistilos na modernización das súas estruturas administrativas.

Está previsto que a comisión visite ao longo da semana todas as instalacións punteiras no sector de tratamento de residuos, como o Complexo Medioambiental de Sogama, a planta de tratamento de residuos animais de Gesuga, a de selección de envases de medicamentos e medicamentos fora de uso Sigre e a de reciclaxe de residuos voluminosos, todas estas localizadas no concello de Cerceda, como tamén a planta de biogás e o Parque de Bens d'A Coruña, Arcodega en Ferrol e moitas outras.

Do 6 ao 12 de setembro a comisión de expertos romaneses investigará o plan de política ambiental do noso país, á parte de contactar con outras institucións e colectivos para explorar a posibilidade de emprender posíbeis traballos conxuntos (coa USC, co IGAPE). En breve unha delegación de empresarios galegos desprazarase ao país romanés para analizar as posibilidades de principiar relacións económicas nese novo mercado.

Máis información na web de Sogama.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: