Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
MAGI E ILLOBRE ELIMINADOS

Mal comezo dos galegos nos Xogos Paralímpicos

O tenista despídese de Beixín, mentres que o velocista de Lugo terá que agardar á carreira de 200 metros para redimirse.

Redacción - 10:23 08/09/2008
Rodríguez Magi durante unha competición

Rodríguez Magi durante unha competición

As dúas primeiras xornadas dos Xogos Paralímpicos de Beixín non están a traer bos resultados para os deportistas galegos. Este luns tocoulles comezar a súa participación a Maxi Rodríguez Magi e Álvaro Illobre.


Illobre debutaba na cadro masculino de tenis en cadeira de rodas, fronte ao suizo Daniel Pellegrina, número 44 da clasificación mundial. O de Ares dominou con autoridade o primeiro set, cun claro marcador de 6-1, pero viu como o seu rival o superaba nas dúas mangas a seguir, sufrindo un dobre 6-2. O tenista galego cumpriu un breve reencontro cos Xogos Paralímpicos oito anos despois da súa primeira participación, en Sidney 2000.


Pola súa parte, o velocista Maxi Rodríguez Magi viviu o seu estreo paralímpico no espectacular estadio "Niño do paxaro". Rodríguez Magi correu na sétima e derradeira quenda, onde rematou segundo cun tempo de 11 segundos e 50 centésimas. O galego tivo a mala sorte de rematar ca sexta mellor marca dos deportistas que procuraban o pase ás semifinais por tempos, cando só o acadaban os cinco primeiros. Despois dunha inoportuna lesión meses antes da competición, Rodríguez Magi centrouse en preparar a proba de 200 metros, na que debutará o vindeiro domingo.


Chano quedou sen a primeira medalla

O domingo fixo o seu debut na proba dos 100 metros libres o nadador Sebastián Rodríguez Veloso, oito veces campión paralímpico. Chano rematou no quinto lugar dunha final que gañou o brasileiro Daniel Dias, cun tempo de 1 minuto e 15 segundos, novo recorde mundial. O galego comezou moi ben, e lideraba a carreira ao paso polos 50 metros, pero perdeu forza na segunda parte. O oito veces campión paralímpico volverá á piscina o martes 9 para competir na distancia de 200 metros libres.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: