Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
DENDE ESTE SÁBADO

Beixín, o corazón do deporte achanza todas as barreiras

Cinco deportistas galegos competirán nos Xogos Paralímpicos que se disputarán na capital chinesa entre o 6 e o 17 de Setembro.

Redacción - 12:00 06/09/2008
Logo dos Xogos Paralímpicos

Logo dos Xogos Paralímpicos

Este sábado comeza 13ª edición dos Xogos Paralímpicos, que ao igual que o seu curmán Olímpico, terán lugar en Beixín. Na cidade chinesa xa están os cinco deportistas que nos representarán durante os dez días que dura a competición.

Á cabeza da expedición está o nadador Chano Rodríguez, oito veces campión paralímpico, que tratará de repetir os seus éxitos en cinco disciplinas diferentes, tres individuais e dúas de equipo. Na piscina tamén estará Pablo Álvarez Cimadevila, o outro campión olímpico galego, que tratará de revalidar o ouro acadado en Sidney fai oito anos, na modalidade de 200 metros estilos. Outros que repiten son o tenista Álvaro Illobre e o atleta Gustavo Nieves que, igual que Cimadevila, volven á cita paralímpica despois de oito anos. O único debutante é o velocista Maxi Rodríguez Magi, que disputará os 100 e 200 metros lisos.

Unha vaca como mascota
A mascota responde ao nome de "Fu Niu Lele". Este animal representa na cultura chinesa un espírito realista, incondicional e permanente co que se quere facer referencia á continua superación dos atletas paralímpicos.

Igual que xa fixeran cos Xogos Olímpicos, Beixín preparouse ben para estes Xogos Paralímpicos. Centos de instalacións sen barreiras no aeroporto recibirán aos deportistas, mentres que autobuses e un metro acondicionados de maneira específica para a ocasión permitiranlles moverse por toda a cidade. 4.400 voluntarios chegados de 27 países diferentes farán posíbel o soño dos máis de 4.000 deportistas procedentes de diferentes recunchos do mundo a partir do vindeiro domingo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: