O primeiro encontro de amigos das canles galegas na web de vídeos será o 18 de outubro.
A presenza galega en YouTube, a web de vídeos de Google, vén xa de vello. Así que non era de estrañar que xurdise a idea de argallar a primeira xuntanza de amigos das canles galegas do YouTube. A convocatoria está fixada para o sábado 18 de outubro en Lugo.
A iniciativa está organizada por tres usuarios: Edelmiro007, Xoanarcodavella e Papigil. Entre os tres, e todas as persoas que se lles unan, pretenden dar pé a un acto de confraternización, unha oportunidade de se coñeceren e gozaren dunha xornada á galega, con boa comida, bebida e foliada. O prazo de inscrición remata o 29 de setembro.