O equipo vigués perdeu en Balaídos fronte ao Girona por 0-1, mentres o conxunto da Coruña tentará repetir a racha de vitorias fronte aos madrileños.
O Celta comezou o curso cun suspenso na casa. O equipo vigués enfrontouse o sábado ao Girona en Balaídos, pero foi o conxunto catalán o que conseguiu a vitoria, cun gol de Jaume Durán no minuto 63.
A formación adestrada por Pepe Murcia ten aínda toda unha liga por diante nunha Segunda División moi disputada.
Deportivo
Pola súa banda, o Deportivo da Coruña recibe este domingo o Real Madrid en Riazor para iniciar a liga de Primeira División. Ás 21 horas arranca un encontro marcado pola boa racha do equipo coruñés fronte ao madrileño: dende 1991 o Real sempre volveu derrotado da Coruña.