Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
EVOLUCIÓN

O neandertal era tan listo como o homo sapiens

En contra do que se pensaba, o home de neandertal non tiña unha intelixencia inferior ao sapiens.

Redacción - 13:15 27/08/2008
O neandertal, máis intelixente do que parecía

O neandertal, máis intelixente do que parecía

Un estudo publicado polo Journal of Human Evolution demostra que o home de neardental usaba armas e utensilios tan eficaces como as do homo sapiens.

Ata o de agora considerábase que as ferramentas redondeadas propias dos neandertais eran un signo inequívoco da súa inferioridade intelectiva, no entanto, científicos de diversas universidade estadounidenses acaban de demostrar o contrario.

Para iso, os investigadores recrearon os útiles de ámbalas dúas especies: os redondeados dos neadertais e os puntiagudos dos sapiens. Así, ó proceder á súa comparación, en base a criterios como a facilidade de fabricación ou a eficiencia para cortar alimentos crus, comprobaron que ambos eran iguais de válidos e, incluso, nalgúns aspectos as armas dos neandertais eran mellores.

A pregunta que se fixeron entón foi a de por qué os sapiens mudaron a tecnoloxía, se a dos neandertais era igualmente eficaz. A este respecto, os investigadores suxiren que se trata, unicamente, dun aspecto cultural, isto é, que se debeu a unha vontade de distinguirse dos seus antepasados ou de chamar a atención.

FWWWRANDO


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: