Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A primeira indíxena en chegar a un ministerio

Margarita Mbywangi exemplifica o cambio en Paraguai

Escravizada até os vinte anos, Mbywangi pasou a liderar despois a tribo dos Aché. Agora, recibe a confianza no executivo de Fernando Lugo.

Redacción - 09:30 27/08/2008

Margarita Mbywangi é a nova secretaria do Instituto Paraguaio do Indíxena, un cargo con rango ministerial co que o goberno de Fernando Lugo, que tomou posesión hai poucos días, tratará de axudar a darlle solución aos problemas das comunidades indíxenas do país.

A súa propia historia persoal é exemplo do acoso a estas comunidades e ela mesma foi capturada e vendida cando tiña catro anos e obrigada a traballar en facendas de terratenentes de onde non conseguiu saír até os vinte anos, nunha práctica habitual en Paraguai.

Con trinta anos pasou a liderar a súa tribo, os Ache, e pasados os 40 estudou o bacharelato. Na actualidade, e con 46 anos, fai estudos universitarios. A legalización de títulos de propiedades dos indíxenas para as terras que traballan, reclamados moitas veces por outras persoas, é un dos obxectivos principais das políticas que pretende desenvolver nesta área. Tamén as garantías de auga potábel e comida para as arredor de 400 comunidades indíxenas que viven no Paraguai.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: