Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CORREO ELECTRÓNICO

Yahoo e Microsoft levántanlle o embargo a Irán

Os dous servizos volven aceptar novas inscricións a usuarios do país despois das sancións impostas polos EUA que Google non seguira.

Redacción - 10:00 30/08/2008

Despois do embargo ditado polos Estados Unidos en outubro de 2007, a cidadanía de Irán xa pode crear contas de correo electrónico con Yahoo e Microsoft. As dúas compañías bloquearan os novos rexistros para iranianos polas restricións aprobadas polo goberno estadounidense, malia que Google seguira a prestar o servizo.

O 'levantamento do embargo' produciuse nos últimos días sen que houbese ningún cambio na lexislación dos EUA sobre Irán. No país asiático xa se organizaran campañas para conseguir que as compañías estadounidenses recuasen e volvesen abrir o servizo aos iranianos, e mesmo, segundo conta The Register, cinco millóns de usuarios deron de baixa as súas contas de correo en sinal de protesta.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: