A última hora trae nova de 43 mortos e 38 feridos no país africano nun presunto atentado suicida con explosivos.
Os primeiros datos que chegan do país contan dun vehículo cargado de explosivos dirixido por unha persoa cara á porta da entrada dunha academia policial na localidade de Issers, a 55 quilómetros de Alxer, a capital do país. Nese momento no lugar había numerosas persoas que optaban a un proceso de formación neste centro e pasaba un bus que tamén foi afectado.
De momento ningún grupo reivindicou a acción. Trátase do atentado máis grave no país despois dos acontecidos o pasado decembro en Alxer contra o Consello Constitucional e a sede do Programa da ONU para o Desenvolvemento. O ataque chega ademais apenas un par de días despois doutra acción, atribuída a grupos islamistas, contra un convoi policial e que rematou con máis dunha ducia de mortos entre policías e atacantes.
Última hora na BBC.