Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FESTIVAIS INTERNACIONAIS

O cinema galego, de viaxe polo mundo adiante

'A flor máis grande do mundo', 'De Profundis', 'O neno de barro', 'Maldito bastardo', 'Sen saída' e 'Rainy Day' competirán en festivais americanos.

Redacción - 18:40 19/08/2008

Tras a súa exhibición, o pasado mes de xullo, no teatro "O Moroco" de Broadway durante a 9ª edición do New York Internacional Film Festival (NYILFF), O neno de barro, de Jorge Algora, foi novamente seleccionada para participar na sección oficial dun dos festivais con máis tradición de Latinoamérica, na XXV edición do Festival de Cinema de Bogotá (FIAPF), que se celebrará do 1 ao 9 de outubro. Colombia será o undécimo país americano no que se exhiba esta longametraxe de coprodución galego-arxentina, que xa percorreu 32 festivais de todo o mundo, incluíndo China, Australia ou os países de Europa do Leste e que leva obtidos 13 premios.

Pola súa banda A flor máis grande do mundo foi seleccionada para ser proxectada no 1º Congreso de Cultura Iberoamericana que terá lugar en México do 1 ao 5 de outubro. A curta representará ao Ministerio de Cultura portugués co congreso. A curta viaxará tamén ao Festival Internacional de Animación de Rumanía ANIM'EST 2008 que se celebrará en outubro. Alí tamén estará outra produción de animación de Continental, a longametraxe De Profundis, dirixida por Miguelanxo Prado con música de Nani García.

Así mesmo, Maldito Bastardo, a primeira longametraxe do compostelán Javi Camino, participará no Dark Carnival Film Fest, un dos principais festivais de cinema de terror independente de Estados Unidos. O evento celébrase entre o 16-21 de setembro en Bloomington (Indiana). Finalmente, as curtas 'Sen saída' e 'Rainy Day', de Andrés Victorero, foron seleccionadas no Toronto Urban Film Festival (TUFF), que ten lugar en setembro.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: