As galegas Tareixa Portela e Sonia Molanes, integrantes do K-4 500, buscarán o pase para o loita polas medallas na semifinal do día 20. Desigual debut dos padexeiros galegos nestes Xogos Olímpicos.
Despois dunha espectacular saída na primeira posición, o K-4 no que participan Molanes e Portela foi perdendo forza, ata pasar polos 250m nunha cuarta posición que non conseguirían mellorar ao final da regata. A pesar de partir como unha das embarcacións con máis opcións por chegar a Beixín como medalla de bronce do último europeo, o nerviosismo do debut pareceu pasarlles factura. O mércores 20 a partir das 10:10 comezarán as semifinais nas que, xa máis tranquilas, Portela, Molanes e as súas compañeiras buscarán a clasificación para a final do 22.