Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
FAZAÑA HISTÓRICA

Cando Phelps espertou...comprobou que era un peixe

O nadador estadounidense sorprende ao mundo ao lograr o oitavo ouro consecutivo e rebentar a mítica marca de Spitz.

Redacción - 11:00 17/08/2008

Un mozo nacido hai 22 anos en Baltimore acabou cunha das xestas olímpicas máis coñecidas. Michael Phelps conseguiu este domingo o seu oitavo ouro nunha mesma olimpíada superando o fito do seu compatriota Mark Spitz, que lograra sete medallas de ouro en Munich 1972

Phelps fixo posíbel a nova proeza na proba de relevo 4 por 100 estilos nun equipo no que tamén estaban Brendan Hansen, Aaron Peirsol e Jason Lezak, que marcaron unha nova marca muncial cun tempo de 3.29.34.

Coa vitoria deste domingo, Phelps suma 14 medallas de ouro olímpicas (En Atenas 2004 logrou 6). Os medios de comunicación de todo o mundo recollen nas súas portadas a proeza do que xa consideran sen ningunha dúbida o mellor nadador de todos os tempos.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: