Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tempos de cambio en Paraguai

Fernando Lugo falará en guaraní durante a cerimonia de investidura

Máis do 80% da poboación do Paraguai fala guaraní pero case todos son alfabetizados unicamente en castelán. O novo goberno promete virar a situación.

Redacción - 11:20 15/08/2008

Ana Miranda, coordinadora da Comisión de Emigración do BNG e responsábel da oficina do BNG en Bruxelas, participou recentemente como Observadora Internacional, convidada pola Corte Electoral paraguaia, e tamén colaborou nos últimos anos con organizacións políticas e culturais de Paraguai en favor do respecto pola lingua propia do país. Na véspera da investidura de Fernando Lugo como novo presidente, envíanos o manifesto asinado por diversos colectivos sobre a realidade plurilingüe do Paraguai:


O 20 de abril pasado, o pobo paraguaio elixiu os seus mandatarios optando decididamente polo CAMBIO que asegure tempos mellores, xustiza, igualdade e benestar social. O presidente electo Fernando Lugo é sinónimo de CAMBIO; por iso, as organizacións, institucións e persoas comprometidas co fortalecemento da lingua guaraní, tendo en conta que:

1) O guaraní é signo de identidade cultural nacional e rexional e factor de cohesión social,

2) O guaraní é idioma oficial do Paraguai, pero o Estado nunca funcionou en guaraní,

3) Os dereitos lingüísticos son un dereito humano fundamental, aínda non respectados,

4) Máis do 80% da poboación do Paraguai fala guaraní pero case todos son alfabetizados unicamente en castelán,

5) O ensino na lingua materna é un mandato constitucional mal cumprido,

6) O guaraní é a ferramenta utilizada polo presidente electo Fernando Lugo na súa campaña electoral para o cambio anunciado e,

7) O presidente electo Fernando Lugo representa aos postergados, entre eles a poboación guaraní falante.
Consideramos que:
- É xusto que na próxima cerimonia de asunción presidencial se utilice o guaraní e o castelán.
- É xusto que se aprobe e se aplique a Lei de Linguas.
- É xusto que se cre unha secretaría de políticas lingüísticas
- É xusto que se cre unha Academia da Lingua Guaraní.
- É xusto que se revise en forma urxente o sistema educativo para fortalecer a lingua guaraní, tal como ordena o Artigo 77 da Constitución Nacional.
- É xusto que os nenos e as nenas sexan alfabetizados na súa lingua materna.
- É xusto que o Estado paraguaio funcione integralmente en guaraní e castelán.
- É xusto que os funcionarios públicos e empregados privados presten servizos en guaraní e castelán.
- É xusto que o guaraní sexa lingua oficial no Mercosur para todos os efectos.
- É xusto que a sinalización pública e a vida económica utilicen o guaraní e o castelán.
- É xusto que os medios de comunicación (radio, televisión, prensa) usen en forma equitativa o guaraní e o castelán.
- É xusto que os cidadáns estranxeiros que se nacionalicen paraguaios demostren coñecemento do guaraní e castelán.
- É xusto que os símbolos do estado paraguaio e os documentos de identificación persoal estean como mínimo en guaraní e castelán.
- É xusto que as linguas nativas sexan promovidas, protexidas e ensinadas.
- É xusto que se acabe con todo tipo de discriminación lingüística en Paraguai.
- Esiximos xustiza para o guaraní e comprometémonos con ela.
¡Viva o Paraguai!
¡Viva o guaraní!


4,67/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: