Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Á porta da capital xeorxiana

Rusia anuncia a "suspensión" da operación militar

Advirten de que a negociación para o cesamento de fogo final implica que Xeorxia non deixe soldados en Osetia.

Redacción - 12:15 12/08/2008
Tags: Rusia Xeorxia

O exército ruso amosou o músculo militar até o final e cando o movemento das tropas ameazaba o contorno da capital de Xeorxia, Tbilisi, a presidencia rusa anunciou este martes a fin da operación militar.

A situación parece ir facilitar a medio prazo que Osetia do Sur cumpra o desexo do movemento separatista de afastarse do control xeorxiano e rematar uníndose a Osetia do Norte dentro da Federación Rusa. Así, a primeira esixencia desde Moscú é que as tropas xeorxianas que aínda quedan en territorio de Osetia saian da zona.

O presidente ruso, Dimitri Medvedev, afirmou que a fin das operacións actuais do exército teñen a fin de "forzar as autoridades de Xeorxia á paz". Con todo, o movemento chega pouco despois de que o ministro ruso de Exteriores rexeitase a declaración de paz promovida desde a Unión Europea e a Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: