Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A UE pide que se deteña a actividade militar

Rusia abre unha segunda fronte e avanza en territorio xeorxiano

O goberno ruso ignora a proposta de cesamento do fogo e as tropas de Xeorxia repréganse cara a capital do país. Putin acusa os EUA de enviar soldados xeorxianos desde Iraq.

Redacción - 20:00 11/08/2008

O plan para o cesamento de fogo presentado desde a Unión Europea polo chanceler francñes Bernard Kouchner foi asinado este luns por Xeorxia, mentres Rusia rexeitaba a iniciativa. O presidente xeorxiano, Mikhail Saakashvili, denunciou que os rusos buscan derrocar o actual goberno e controlar "o camiño da enerxía" que atravesa o seu país na zona do Cáucaso.

Rusia xustificou a negativa expoñendo que o exército de Xeorxia seguiu nas últimas horas realizando bombardeos sobre áreas de Osetia do Sur. De paso, tropas rusas avanzaban máis aló desta zona e da área tamén pro-rusa de Abkhazia, afondando no interior de Xeorxia. Durante a tarde do luns, a CNN informou de que unidades do exército ruso estaban no contorno da cidade de Gori, apenas a medio cento de quilómetros da capital xeorxiana, Tbilisi.

Por outro lado, o primeiro ministro ruso, Vladimir Putin, tivo belixerantes palabras para os Estados Unidos, acusando o goberno de George W.Bush de evacuar soldados xeorxianos de Iraq para trasladalos con celeridade ao Cáucaso ao combate fronte as tropas rusas. "É unha pena que algúns dos nosos socios traten de impedir as nosas operacións", queixouse Putin, asegurando que Estados Unidos puxo avións militares de transporte ao servizo de Xeorxia, que conta con arredor de 2 mil soldados en territorio iraquí.

Última hora na CNN e na BBC


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: