A deputada do BNG na Cámara baixa insta o executivo a realizar un estudo eco-toxicolóxico sobre os vertidos portuarios incontrolados.
Ao tempo que as diversas plataformas cidadás insisten na advertencia sobre o desastre ecolóxico e económico que implican os residuos portuarios que van parar ao mar, Olaia Fernández Davila, deputada do BNG no Congreso, rexistrou unha pregunta en Madrid no Congreso onde pide que o goberno español explique por escrito os puntos exactos das rías de Vigo e Vilagarcía onde se estiveron depositando os residuos nos últimos anos.
A pregunta chega fronte á falta de resposta desde o Ministerio de Fomento, de xeito que a demanda de información solicita ademais que se explique se nos últimos anos se levou a cabo algún tratamento descontaminante e esíxese que se publique a cantidade e natureza exacta dos materiais vertidos. Fernández Davila tamén insta o goberno español a reflexionar sobre o impacto destes residuos e a comprometerse a elaborar un plan de tratamento.