Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Déficit de infraestruturas

En tren a Barcelona ou a Xapón en avión?

Á espera do que pase co TAV a Madrid, a conexión ferroviaria de alta velocidade polo noroeste só conta cun débil compromiso no horizonte de 2020.

Redacción - 11:30 10/08/2008

Un enlace ferroviario "doutro século". Así o subliña o diario catalán El Periódico este domingo, onde inclúen unha gráfica que ironiza sobre o que pode facerse no mesmo tempo, 16 horas, coas que debe apandar un viaxeiro que queira facer o traxecto Vigo-Barcelona. "Case o mesmo tempo que se tarda en viaxar a Xapón en avión", sinala a publicación.

El Periódico recorda a xa coñecida lea sobre a incerta finalización da liña do tren de alta velocidade entre Galiza e Madrid e recorda o compromiso do goberno español para cambiar a actual estratexia de infraestruturas por un modelo que aposte pola conectividade no conxunto do Estado sen ter que pasar necesariamente sempre por Madrid.

Es aposta implicaría o impulso da alta velocidade ferroviaria a través do norte da península, unindo Cataluña e Galiza a través de, entre outros, Ourense, León, Palencia, Burgos e Logroño. Coa liña a Madrid ameazando quedar adiada xa até o 2016, complicado parece que esa conexión ferroviaria poida cumprirse no horizonte temporal inicialmente fixado: 2020.

"É todo igual que cando era moza, pero con peor servizo", láiase unha pasaxeira que viaxa desde Barcelona até A Rúa no tren "Estrella de Galicia", unha liña "surrealista" que une os dous países a través dunha viaxe de máis de 16 horas sen melloras en dúas décadas. Por riba, e tal e como lle relataban hai poucos días a Vieiros fontes sindicais, Renfe cavila afondar na degradación do servizo nos próximos meses.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: