Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COOPERACIÓN ANTITERRORISTA

Europa e os EUA poderían compartir información confidencial

Un informe secreto elaborado por expertos de seis membros da Unión Europea suxire a creación dun pacto antiterrorista con Washington.

Redacción - 14:21 08/08/2008

Serían os países de Alemaña, Francia, Suecia, Portugal, Eslovenia e República Checa. Os seus ministros de xustiza e interior veñen de encargar a elaboración deste informe, que fala da necesidade de crear un vencello máis forte cos Estados Unidos para impulsar a loita contra o terrorismo.

O informe aconsella a creación dunha zona "euroatlántica de cooperación", unha colaboración que implicaría o libre acceso destes países á información confidencial sobre os cidadáns da Unión Europea e sobre os viaxeiros aos Estados Unidos. Así, reforzaríanse as leis antiterroristas e o rol das axencias de seguridade para obter información privada, como operacións de tarxetas de crédito, buscas de internet ou itinerarios de viaxe, de todos os habitantes dun e doutro lado do Atlántico.

Malia que as negociacións están adiantadas, a elaboración do proxecto estase a ver freado polas normativas de protección da intimidade dalgúns países europeos, que obrigan a manter unhas garantías de privacidade. Precisamente, entre os puntos máis polémicos atópanse os medios para garantir esa intimidade e as indemnizacións no caso da violación das normas que regulan este dereito. O acordo busca agora consensuar criterios e estratexias de intercambio de datos confidenciais e evitar conflitos. O obxectivo é que o pacto sexa asinado en 2014, como moi tarde.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: