Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No lombo do Atlántico

Temón a Terranova con Xurxo Souto

A viaxe atlántica desta fin de semana chega con agasallo extra. Na voz dun mariñeiro, aquí poden escoitar a peza que inspirou o relato.

Redacción - 11:00 08/08/2008

"(...) Tiña habido boas canfurnadas na Estrella pero fixo falta que no ano 60 arribase unha parella de bacallaeiros, o Bastiagueiro e o Riazor, para que en Terranova soubesen o que era amar festa. A culpa foi dun de Sada: Periquete, o patrón máis novo que mandou un barco nesa auga (...)".

Xurxo Souto é coñecido sobre todo polo seu impulso ao fenómeno bravú e arroutado labor á fronte d'Os Diplomáticos de Monte Alto, banda que deixou hai poucos anos para adicarse a outras afeccións e traballos, incluída a escritura. Publicou A tralla e a arroutada, Fumareu, O retorno dos homes mariños, Contos da Coruña e Tres trebóns. Na actualidade é subdirector de programas da Radio Galega, onde mantén ademais o espazo musical Aberto por Reformas.

O relato completo, Terranova musical , no especial No lombo do Atlántico, onde, se non o fixeron xa, tamén poden ler as pezas anteriores, escritas por Neira Vilas, Marta Dacosta, Luisa Castro, Alexandre Nerium e Suso de Toro.


4,56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: