Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No lugar de Cereixido (en Quiroga)

A falta de colaboración complica a localización dunha foxa con persoas asasinadas por falanxistas

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica láiase de que os veciños non axuden a dar co sitio exacto onde en outubro de 1936 foron enterradas unha ducia de persoas.

Redacción / EP - 19:30 07/08/2008

"Hai que entender que en Cereixido vive media ducia de persoas", explicaba esta cuarta feira Santiago Macías, vicepresidente da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), "é un pobo bastante illado e xa o puidemos comprobar o outro día". "Se cadra a xente do pobo, ante o descoñecemento do que se vai facer, teña temor", explica Macías.

O colectivo láiase da "falta de colaboración" dos habitantes do lugar e fai un chamamento para solicitar apoio para situar exactamente "o sitio no que están enterrados". Subliñan a "profesionalidade" da asociación, con cen exhumacións dende o seu nacemento, como argumento para "tranquilizar a todo o mundo". "O que pretendemos é devolver a unhas persoas aos seus familiares para que os poidan enterrar nun sitio digno e non queremos que ninguén se moleste ou que se chegue a pensar que imos empezar nun lado e rematar no outro", manifestou.

A ARMH cavila que os corpos poderían estar no adro da igrexa, moi próximo ao cemiterio e confían en poder comezar os traballos a próxima semana. Aló esperan atopar os restos dunha ducia de persoas asasinadas por falanxistas en outubro de 1936. Segundo a información da que dispón o colectivo, neste lugar estaban daquela ocultas varias persoas que fuxiran da zona d'O Barco,, Vilamartín de Valdeorras e da Rúa.


4,8/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: