Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Novas imaxes da "Operación Jaque"

Probas do uso ilegal de insignias da Cruz Vermella no rescate de Betancourt

Un vídeo confirma que o goberno colombiano incumpriu a lexislación internacional, ao utilizar emblemas da Cruz Vermella e da canle Telesur. 

Redacción - 14:15 05/08/2008

Hai xa días que o presidente de Colombia, Álvaro Uribe, admitira o uso de emblemas do Comité Internacional da Cruz Vermella durante o rescate que o exército realizou da ex candidata á presidencia Ingrid Betancourt e doutro catorce reféns. Uribe atribuíralle o sucedido ao presunto "nerviosismo" dos militares, que seica "temendo pola súa vida" sacaran un pedazo de tela cos símbolos para colocalo no chaleco.

Pero non é esa a imaxe que se extrae do documento agora feito público pola televisión colombiana, que coa beizón do executivo, fai público un amplo vídeo onde se ven detalles da preparación da acción militar e do seu desenvolvemento. Na reportaxe pode verse como un dos oficiais usa un peto coa imaxe da Cruz Vermella e mesmo como posa para a cámara xunto con outros compañeiros con el posto. Ademais, outros dous soldados usan símbolos do canal de televisión TeleSur e do canal ecuatoriano Ecuavisa.

Trátase dun xeito de proceder especificamente prohibido pola lexislación internacional. Así, o Dereito Internacional Humanitario estabelece que durante as operacións bélicas non poden usarse "signos, emblemas ou uniformes" que non sexan das partes en conflito ou que sexan sinais protectores internacionalmente recoñecidos.


2,6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: