Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O XURADO DECIDIU OS SEUS 5 FINALISTAS

As once cancións do verán galego

Dende este mediodía os contadores dos temas finalistas póñense a cero, e xa podedes comezar a votar por eles. Até o 13 de agosto.

Redacción - 12:00 02/08/2008
Tags: apologhit

Hai un par de días o público decidiu os seus seis finalistas. Agora era a quenda do xurado, e as cinco cancións que escolleu foron as seguintes: Chuliboy (Projecto Mourente), O reguetón de Maruxa (Joselito), Quero ver como te ris (Medomeda), Himno da crocha (Jabón Blue) e Vin en caiuco (Pulpiño Viascón).

Estas cinco cancións únense a Arroz, da Banda Potemkin; Licor café, de Skándalo GZ; Planeta 19, de Boy Elliott & The Plastic Bags; Punteirolo pola escuadra, de Trapos sucios; Os dous amigos, de Roger de Flor; e Quente, de Sínefres.

O xurado está formado por Tito Lesende (crítico musical), Xosé Manuel Pereiro (decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia), Patricia Romero (presidenta do club de fans da orquestra Panorama) e Ramón Domínguez (dillei Zarpaelamor e blogueiro do colectivo La Nevera 61).

A partir das 13 horas deste sábado podedes comezar a votar por estas once cancións, cuxos contadores póñense dende este momento a cero. As votacións rematarán o 13 de agosto ás 0.00 horas e tres días despois, o sábado 16, o programa Extrarradio da Radio Galega e Vieiros darán a coñecer o nome do grupo ou solista gañador do A Polo Ghit deste ano.


4,11/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: