Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE ECONÓMICA

Triplícanse as empresas galegas en creba e suspensión de pagos no segundo trimestre

Un total de 70 empresas galegas declaráronse en concurso de acredores ante a imposibilidade de afrontar os seus pagos.

Redacción - 13:30 01/08/2008

Segundo a Estatística de Procedemento Concursal do Instituto Nacional de Estatística (INE), o total de debedores concursados foi de 70 no segundo trimestre do ano, case tres veces máis que o trimestre anterior, cando as empresas e familias en suspensión de pagos e creba ascendía a 23. Ademais, este dato tamén multiplica por tres o do mesmo período de 2007.

Segundo o tipo de concurso, 63 foron voluntarios, mentres que a cifra no mesmo período no ano anterior ascendía a 19 e 7 foron necesarios, 3 máis que en 2007. Atendendo á clase de procedemento, os abreviados aumentaron de 4 a 22 en taxa interanual, mentres que os ordinarios pasaron de 19 a 48. Por provincias, Pontevedra lidera a listaxe de empresas en suspensión de pagos neste segundo trimestre do ano con 44, séguelle A Coruña con 19, Ourense con 4 e Lugo con 3.

Xa por sectores, o 28,7% das empresas concursadas tiñan como actividade principal a construción, o 22,8 % a industria ou enerxía e o 17,5% o comercio. Seguiríanlle as inmobiliarias cun 12,2%, e xa en menor medida a agricultura e pesca, a hostalería e o transporte. En concreto, no segundo trimestre, un total de 16 empresas galegas da construción declaráronse en creba ou suspenderon pagos, cifra moi lonxe da única empresa que pasara por este procedemento no mesmo período de 2007.

Se nos referimos ao Estado Español, o número de debedores concursados foi de 631, case tres veces máis que no mesmo período de 2007. Tamén foi a construción o sector máis afectado, cun total de 124 empresas en creba, cifra que multiplica por catro á do mesmo período do ano pasado.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: