Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Sexo e mapas no transbordador espacial

Segundo Pierre Kohler, un astrónomo e xornalista científico francés, nunha das misións do transbordador espacial, os e as astronautas mantiveron relacións sexuais para comproba-las posicións posibles nun ambiente de gravidade cero. Os astronautas levaron un programa de posicións escollidas previamente polos responsables dunha das misións do transbordador do ano 1996.

- 07:10 28/02/2000
Tags:

Pierre Kohler cita un presunto documento da NASA, rexistrado co número 12-571-3570, onde estarían recollidos estes experimentos. Segundo Kohler, os astronautas practicarían dez posicións seleccionadas a partir de simulacións feitas cunha computadora. Estas experiencias ocorreron nun dos catro voos dos transbordadores espaciais de 1996, cunha tripulación formada por homes e mulleres. Nese ano, o transbordador espacial saíu sete veces, dúas o ‘Endeavour’, tres o ‘Columbia’ e unha o ‘Atlantis’. Delas só catro levaron homes e mulleres: a STS-76 e STS-79 (‘Atlantis’) e as STS-78 e STS-80 (‘Columbia’). Consonte recolle Kohler nun libro de recente aparición (‘La dernière mission: MIR, l’ aventure humaine’) das dez posicións ensaiadas, seis precisaron axuda mecánica, tal como o uso dun cinto elástico e un túnel inflable, para mante-la parellas unida polo torso, a pelve ou as pernas. A CNN recolle as declaracións de Douglas Millard, do departamento de Tecnoloxía Espacial do Museo de Ciencias de Londres, dicindo que os información de Kohler son “lixo e extremadamente improbables”.

Doutra banda, a actual misión do transbordador espacial ‘Endeavour’ rematou a súa misión cartográfica. O seu traballo consistiu na toma de datos para facer un mapa tridimensional da Terra. 326 cintas dixitais gardan os datos cartográficos, o equivalente a 20.600 discos compactos. Cos datos e os novos mapas, o departamento de Defensa de Estados Unidos mellorará a precisión dos seus proxectís, e no caso de mete-los fociños noutros países (algo que adoita facer) mellora-lo despregue das súas tropas. Así a todo, unha versión menos precisa dos mapas farase publica e terá outra finalidade ben distinta. Un dos eidos de aplicación é a vixilancia dos movementos das placas litosféricas, dentro do contexto da Tectónica de Placas. Os movementos de encaixe das placas e das fallas asociadas son os responsables dos terremotos. Agárdase que o estudio das imaxes axude a delimitar un pouco máis as zonas de maior risco sísmico.  Para nós, o ‘público xeral’, os mapas non estarán dispoñibles ata o ano 2003. Os mapas da ‘Endeavour’ recolleran o relevo de 119,05 millóns de quilómetros cadrados da superficie terrestre.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: