Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FESTIVAL ON&OFF DE RIBADEO

Curtas a todo filispín

Entre o 29 de xullo e o 2 de agosto ten lugar en Ribadeo o Festival Creativo de Curtas, que inclúe o reto de gravar un filme en tres días.

Redacción - 12:00 31/07/2008
Cartaz da edición 2008 do festival

Cartaz da edición 2008 do festival

O Festival On&Off de Ribadeo é algo máis ca un certame de curtas. Organizado pola produtora Mr. Misto e polo propio Concello da vila, converte cada ano Ribadeo nun plató de cinema improvisado. Nos días que dura o festival, o concurso A Toda Mecha rétase aos afeccionados a crear un filme in situ, en menos de 75 horas, dende o guión até a montaxe e a posprodución. Este ano compiten oito equipos, cinco galegos, e outros procedentes de Euskadi, Asturias e Madrid.

Por iso estes días vense nas rúas de Ribadeo a grupos de mozos e mozas correndo dun lado para outro, bulindo, agoniados pola presión do tempo. Os produtores colgados do móbil, na procura, ás veces imposíbel, do necesario para contar unha historia, os cámaras tomando planos que despois se incorporarán á curta, os directores e guionistas deseñando, ás veces sobre a marcha, distintos xiros para o argumento do filme. Unha vila de cine na súa expresión máis básica.

Polo demais, a sección oficial do festival está dividida en tres apartados: ficción, animación e documental, nos que compiten un total de 27 traballos. En ficción as curtas a concurso son Present Perfect (Mikel Rueda), Bilingüe (Cecilia Perolio), Fest (José Luis Montesinos), Machu Picchu (Hatem Khraiche Ruiz-Zorrilla), 18 segundos (Bruno Zacharías e Miguel López Ximénez), Pelo Ouvido (Joaquim Haickel), Silba Perfidia (César Esteban Alenda), Save the world (David Casals-Roma), Mínimo común múltiplo (Rubén Coca), Lost in Montanaro (Andrea Canepari), Cores (Jairo Iglesias) e Botones (Julio Mazarico).

Mentres, na sección de documentario, os aspirantes ao premio son Valkirias (Eduardo Soler), Bata por fuera (Claudia Brenlla) e El doctor italiano (Esben Hansen). E en animación destaca a participación de 1977 de Peque Varela, ou de Leo de Fernando Cortizo.

Os galardóns, en forma de mistos (como o nome da produtora que organiza o festival), premian con 1.200 euros ao gañador en cada unha das categorías, con mistos de pau de sabugueiro, de carballo, de castiñeiro e de loureiro. Este é o cuarto ano que se celebra o festival. Na pasada edición as curtas gañadoras foron La Gran Revelación, de Santiago de Lucas, Cousas do Kulechov de Susana Rey e Carne de Cañón de Darío Fernández.


1/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha experiencia do II Festival On&Off de Ribadeo: Como rodar unha curta en 12 horas

'A miña herdanza', outra das curtas do festival

'Freak Paradise', tamén realizada en Ribadeo