Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
XOGOS OLÍMPICOS

China recoñece que censura o acceso á rede dos enviados especiais

Webs como Amnistía Internacional ou BBC China están bloqueadas, contra o prometido polo goberno chinés.

Redacción - 18:00 30/07/2008
Anuncio de Amnistía Internacional denunciando a falta de dereitos durante Beixín 2008

Anuncio de Amnistía Internacional denunciando a falta de dereitos durante Beixín 2008

O goberno de Beixín confirmou que os máis de 20.000 xornalistas que cubrirán os Xogos Olímpicos non poderán acceder ás webs que desexen. Ademais dos prezos que terán que pagar pola conexión no seu barrio residencial, o ministerio de Asuntos Exteriores dixo que non se poderán acceder a webs como a do movemento Falun Gong e algúns xornalistas xa denunciaron que non poden entrar en Amnistía Internacional nin na BBC China.

Esta situación contradi a promesa do goberno chinés, que asegurara que se podería acceder á rede coa mesma liberdade ca nos anteriores xogos. O xefe de prensa do Comité Olímpico Internacional, Kevan Gosper, dixo que investigaría a veracidade das denuncias dos xornalistas que xa se desprazaron sobre a censura que as autoridades chinesas lle aplican á internet, pero non fixo falla: o propio goberno xa o confirmou.

Con todo, o ministro de Prensa e Publicacións, Liu Binjie, considera que as Olimpíadas fixeron que os xornalistas estranxeiros poidan gozar dunha marxe notábel de liberdade, que asegurou que se prolongará despois da cerimonia de clausura, segundo informa Vilaweb.

Así mesmo, Amnistía Internacional, tamén afectada polo bloqueo dixital, denunciou o luns o empeoramento da situación dos dereitos humanos na China con respecto ao mes de abril.


3/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: